Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun alpendre na parroquia de Cances, no concello de Carballo

Extinguido un incendio nun alpendre na parroquia de Cances, no concello de Carballo

Extinguido un incendio nun alpendre na parroquia de Cances, no concello de Carballo

     Carballo.-03/11/2011 Os efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun incendio nun alpendre acontecido na parroquia de Cances, no termo municipal de Carballo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse con que o pallote que estaba ardendo contiña millo, madeira, plásticos, ferros, patacas... Do lado dereito do mesmo caeran varias tellas do tellado. O seu labor consistiu en extinguir o incendio. Tamén retiraron parte do material almacenado no interior do pendello para evitar unha posible reignición do lume e algunhas tellas que estaban a piques de caer.

     Ata a zona desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención efectivos da Garda Civil e do GRUMIR. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar