Carballo.-23/10/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron para retirar unha árbore que caeu, obstaculizando a vía, na parroquia de Rus, no concello de Carballo.
A policía local deu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do sinistro, atopáronse cun castiñeiro obstaculizando a estrada. O castiñeiro, ó caer, tamén danara un cable de telefonía. O seu labor consistiu na retirada da árbore da estrada e na limpeza da vía dos restos de serraduras e pólas, restablecendo o tráfico na mesma.
Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e o vehículo autobomba urbana. Unha vez rematazo o servizo e recollido o material empregado durante a intervención, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.