San Sadurniño.-13/03/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Eume interviñeron nun incendio nunha vivenda situada na rúa Outeiro, no termo municipal de San Sadurniño.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se puxeron en marcha os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse con que o lume xa fora extinguido polo propietario do inmoble. O incendio producírase na cociña, ardendo a campá extractora e as lacenas da mesma. Como medida preventiva, inspeccionaron o local, detectando alta temperatura coa cámara térmica na campá extractora. A súa intervención consistiu en extraer o motor da mesma, para evitar unha nova ignición.
Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros, unha autobomba urbana e un vehículo autobrazo. Unha vez finalizado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.