Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio forestal nunha parcela situada na parroquia de Castro, no termo municipal de

Extinguido un incendio forestal nunha parcela situada na parroquia de Castro, no termo municipal de Coristanco

Extinguido un incendio forestal nunha parcela situada na parroquia de Castro, no termo municipal de Coristanco

     Coristanco.-10/10/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun incendio que se produciu nunha parcela situada na parroquia de Castro, no concello de Coristanco.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente atopáronse con que estaba a arder unha silveira próxima a unhas leiras nas que se cultivaba millo. O seu labor consistiu en sufocar o lume.

     Ata a zona desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención Voluntarios de Protección Civil. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar