Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico con feridos na parroquia de Nantón, no termo municipal de Cabana

Accidente de tráfico con feridos na parroquia de Nantón, no termo municipal de Cabana de Bergantiños

Accidente de tráfico con feridos na parroquia de Nantón, no termo municipal de Cabana de Bergantiños

     Cabana de Bergantiños.-10/09/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura da parroquia de Nantón, no Concello de Cabana de Bergantiños.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun accidente de tráfico entre dous vehículos. Un dos condutores resultou ferido e foi trasladado en ambulancia ó hospital. O seu labor consistiu na limpeza da estrada dos restos dos automóbiles.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e un vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico e persoal do 061. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar