Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha carpintería na parroquia de Cabodantoi, no concello da Capela

Extinguido un incendio nunha carpintería na parroquia de Cabodantoi, no concello da Capela

Extinguido un incendio nunha carpintería na parroquia de Cabodantoi, no concello da Capela

     A Capela.-19/07/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Eume extinguiron un incendio nunha carpintería situada na parroquia de Cabodantoi, no concello da Capela.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cun incendio nunha carpintería doméstica, próxima ó domicilio do propietario. O seu labor consistiu en apagar o lume e en sacar o material inflamable que se atopaba no interior da mesma.

     Ata a zona desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil e do GRUMIR das Pontes. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar