Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Colisión entre un turismo e un camión na parroquia de Marzoa, concello de Oroso

Colisión entre un turismo e un camión na parroquia de Marzoa, concello de Oroso

Colisión entre un turismo e un camión na parroquia de Marzoa, no concello de Oroso

     Oroso.-11/07/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura da parroquia de Marzoa, no termo municipal de Oroso.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cunha colisión entre un turismo e un camión. O seu labor consistiu na excarceración do condutor do turismo, que resultou atrapado como consecuencia do accidente. Unha vez estabilizada a vítima, procedeuse ó seu traslado ó helicóptero H-3.

     Ata o lugar desprazáronse un sarxento xefe de parque, un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e pick-up. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico, Voluntarios de Protección Civil, do 061 e persoal do H-3. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar