Dodro.-06/07/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Barbanza extinguiron un incendio nunha vivenda abandonada situaba en Souto de Vigo, no termo municipal de Dodro.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cun incendio nunha vivenda habilitada como alpendre, na que había almacenados apeiros de labranza e pacas de palla. O seu labor consistiu en sufocar o lume.
Ata o sitio desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros de Protección Civil de Padrón e persoal da Garda Civil de Rianxo. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.