Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun alpendre na parroquia de Serramo, no termo municipal de Vimianzo

Extinguido un incendio nun alpendre na parroquia de Serramo, no termo municipal de Vimianzo

Extinguido un incendio nun alpendre na parroquia de Serramo, no termo municipal de Vimianzo

     Vimianzo.-04/07/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros da Costa da Morte extinguiron un incendio nun alpendre situado na parroquia de Serramo, no concello de Vimianzo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse con que estaban ardendo unhas pacas de herba seca almacenadas nun pendello. No lugar, xa estaban traballando na extinción do incendio os donos e veciños do inmoble, unha cuadrilla e un axente forestal . O seu labor consistiu en sufocar o lume.

     Ata o sitio desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil, os donos e veciños do inmoble, unha cuadrilla e un axente forestal cunha motobomba da Xunta de Galicia. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar