Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha vivenda na parroquia de Mens, no concello de Malpica

Extinguido un incendio nunha vivenda na parroquia de Mens, no concello de Malpica

Extinguido un incendio nunha vivenda na parroquia de Mens, no concello de Malpica

     Malpica.-26/06/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños extinguiron un incendio nunha vivenda situada na rúa Porto do Fondo nº 19, na parroquia de Mens, no termo municipal de Malpica.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse cun incendio en dúas vivendas anexas, de paredes de pedra e estrutura interior de madeira. Unha delas estaba ardendo por completo e na outra empezaba a entrar o lume a través dunha porta do primeiro andar, que comunicaba ambas estancias. O seu labor consistiu en controlar o lume para evitar que se propagase pola vivenda menos afectada.

     Ata o lugar desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención efectivos da Garda Civil e Voluntarios de Protección Civil. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar