Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Choque frontal cunha persoa atrapada na rúa Merelle, no termo municipal de Ordes

Choque frontal cunha persoa atrapada na rúa Merelle, no termo municipal de Ordes

Choque frontal cunha persoa atrapada na rúa Merelle, no termo municipal Ordes

     Ordes.-08/06/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido á altura do concello de Ordes.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cunha colisión entre un turismo e un camión. O seu labor consistiu na excarceración dunha persoa que resultara atrapada como consecuencia do accidente e na limpeza da estrada dos restos dos automóbiles.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un sarxento xefe de parque, un cabo xefe de quenda, catro bombeiros e os vehículos autobomba urbana e pick-up. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Policía Local, da Garda Civil, da Garda Civil de Tráfico, do GRUMIR, do 061 e do H-3. Unha vez rematado o servizo, recolleron o material empregado e regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar