Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Retirada das persianas dun edificio situado no termo municipal de Santa Comba

Retirada das persianas dun edificio situado no termo municipal de Santa Comba

Retirada das persianas dun edificio situado no termo municipal de Santa Comba

     Santa Comba.-15/05/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Xallas-A Barcala retiraron unhas persianas soltas nun edificio situado na rúa Xosé Suárez Vence, no concello de Santa Comba.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, viron que se trataba de dúas persianas que estaban soltas e que se batían co aire, no 4º andar do do edificio. Como na vivenda non se atopaba ninguén, a súa actuación limitouse a acceder co vehículo autobrazo á fachada do inmoble para desmontar as persianas.

     Ata o lugar desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e autobrazo. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar