A Pobra do Caramiñal.-25/04/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque e Subparque de Bombeiros do Barbanza extinguiron un incendio nunha vivenda na parroquia de Postmarcos, no termo municipal da Pobra do Caramiñal.
O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, atopáronse con que na vivenda había dous focos de lume, un na entrada principal e outro no primeiro piso. O seu labor consistiu en sufocar o incendio, e en enfriar e ventilar o inmoble.
Ata o lugar do incendio desprazáronse dotacións do Parque e Subparque de Bombeiros do Barbanza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil, Voluntarios de Protección Civil e do GRUMIR. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.