Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico sen feridos na parroquia de Bértoa, no termo municipal de Carball

Accidente de tráfico sen feridos na parroquia de Bértoa, no termo municipal de Carballo

Accidente de tráfico sen feridos na parroquia de Bértoa, no termo municipal de Carballo

     Carballo.-17/02/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron nun accidente de tráfico acontecido na estrada C.P. 1909, á altura da parroquia de Bértoa, no Concello de Carballo.

     Protección Civil deu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do sinistro, atopáronse cun automóbil envorcado entre a beirarrúa e a estrada. No interior do vehículo viaxaban cinco persoas circulando en dirección a Carballo. O condutor perdeu o control e saíuse da vía. Afortunadamente, no accidente no houbo feridos graves, aínda que os ocupantes do auto foron trasladados ó centro médico. O labor dos bombeiros consistiu na limpeza da estrada dos restos do vehículo.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil e Voluntarios de Protección Civil. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar