Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha nave no Polígono de Bértoa, no Concello de Carballo

Extinguido un incendio nunha nave no Polígono de Bértoa, no Concello de Carballo

Extinguido un incendio nunha nave no Polígono de Bértoa, no Concello de Carballo

     Carballo.-03/02/2011 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños extinguiron un incendio nunha nave no Polígono Industrial de Bértoa, no Concello de Carballo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do incidente, viron que estaban a arder madeira e serraduras dentro dun colector de obra anexo á nave. O seu labor consistiu en sufocar o incendio. De seguido, removeron as serraduras e a madeira para evitar a reignición do lume.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros, unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local, do GRUMIR e persoal de seguridade do propio polígono. Unha vez rematado o servizo, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar