Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na parroquia de Galegos, Concello de Frades

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na parroquia de Galegos, Concello de Frades

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada na parroquia de Galegos, Concello de Frades

     Frades.-27/01/2011 Un cabo xefe de quenda e dous bombeiros participaron na excarceración dunha persoa que resultou atrapada como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido no lugar de Galegos, no Concello de Frades.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, atopáronse cun vehículo volteado lateralmente sobre o lado esquerdo. No seu interior achábase unicamente o conductor. A súa intervención consistiu na excarceración do mesmo e na limpeza da estrada dos restos do accidente.

     Ata o lugar do sinistro desprazouse unha autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico e do GRUMIR. Unha vez rematados os seus traballos, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar