Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico cunha persoa atrapada no lugar da Pereira, no Concello de Santa Comba

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada no lugar da Pereira, no Concello de Santa Comba

Accidente de tráfico cunha persoa atrapada no lugar da Pereira, no Concello de Santa Comba

     Santa Comba.-01/01/2011 Tres bombeiros e un cabo xefe de quenda participaron na excarceración dunha persoa que resultou atrapada como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido no lugar da Pereira, no Concello de Santa Comba.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, ubicaron os vehículos de forma que quedase protexida a súa zona de traballo. A continuación procederon a estabilizar o automóbil e comezaron coas manobras de excarceración, ata que fixeron espacio suficiente e o persoal sanitario puido estabilizar á víctima. Finalmente, o ferido foi trasladado en helicóptero ata o hospital e os bombeiros comezaron coas tarefas de limpeza da estrada.

     Ata o lugar do sinistro desprazouse unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza. Ademais dos bomberios, tamén participaron na intervención membros da Garda Civil de Tráfico de Corcubión, do GRUMIR de Santa Comba e de Atestados de Corcubión. Unha vez finalizados os traballos, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar