Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio na cabina dun camión no Concello de Cabanas

Extinguido un incendio na cabina dun camión no Concello de Cabanas

Extinguido un incendio na cabina dun camión no Concello de Cabanas

     Cabanas.-22/12/2010 Tres efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de As Pontes-Eume extinguiron un incendio na cabina dun camión no Concello de Cabanas, a 2 km da saída da AP-9.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e de inmediato se mobilizaron os bombeiros, os que, ó chegar ó lugar do incidente, atopáronse cun lume case extinguido, ó que xa lle vaciaran un extintor de po e retiraran do vehículo parte do material que estaba a arder. A súa labor consistiu en refrixerar o interior da cabina con auga para apagalo por completo e en facer unha comprobación de temperatura coa cámara térmica. De xeito preventivo, tamén agardaron a que o guindastre remolcara a cabeza tractora.

     Ata o lugar do incendio desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros, unha autobomba urbana e unha autobomba nodriza. Rematada a intervención, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar