Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Os servicios contra incendios galegos equipan os seus vehículos con caixas automáticas

Os servicios contra incendios galegos equipan os seus vehículos con caixas automáticas Allison

As transmisións con convertedor de par hidráulico melloran sensiblemente a manobrabilidade

NEXOTRANS.com Os servicios do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña e a Xunta de Galicia confían nas caixas automáticas Allison para garantir a máxima eficacia e rapidez nas intervencións.

Máis do 60% dos vehículos para labores de extinción do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña van equipados con cambios automáticos Allison. De feito, A Coruña é unha provincia pioneira a nivel nacional en dotación de servicios profesionais de emerxencia. Como confirma José Luis Barca, xerente do Consorcio: "Nos últimos seis anos, todos os vehículos que se foron adquirindo levan Allison. É unha marca moi valorada entre os conductores, pola seguridade e comodidade que lles ofrece".

O Consorcio, que aglutina 10 parques de bombeiros, dispón dun parque móbil de 34 vehículos, 21 equipados con cambio automático Allison, da serie 3000. Entre eles figuran 10 autobombas nodriza de 8.000 litros, un combi de extinción e rescate en altura con depósito de 2.500 litros de capacidade e brazo articulado, un brazo de 19 metros e 2.000 litros de capacidade, un auto brazo ABA con alcance de 18 metros de altura e 2.000 litros de capacidade, así como varias autoescaleiras. Acerca dunha autoescaleira de 32 m de recente adquisición, un Iveco carrozado por Rosenbauer, José Luis Barca comentou: "Os conductores receaban do cambio automático neste tipo de vehículos, que ata agora eran de cambio manual, debido a que é un vehículo difícil de conducir, longo e co centro de gravidade moi alto, e os conductores prefirían ter o control nos xiros e a moita velocidade. Sen embargo agora están moi contentos co cambio totalmente automático Allison".

As transmisións automáticas Allison con convertedor de par hidráulico melloran sensiblemente a maniobrabilidade e aumentan o rendemento do vehículo, tanto no relativo á aceleración como á velocidade. Ademais, ó permitir unha maior concentración e comodidade, increméntase tamén a seguridade da conducción. Por eso, ó preguntarlles ós bombeiros do Consorcio a opinión foi unánime: "Fallan menos que o semiautomático, a conducción é máis eficiente, xa que non se precisa pasar por punto morto ó facer os cambios e non se nota o salto que se percibe cos semiautomáticos. Con Allison non precisan reducir velocidade. É cómodo: é meter a D ó saír e despois vai só", conclúe Barca.

Reducción de avarías e facilidade de manexo

A Xunta de Galicia tamén dispón de 3 camións con cambio automático con convertedor de par de Allison. Así o corroboraron José Antonio Grandas Arias, quen desde o seu anterior cargo como Xefe de Servicio de Programación na Subdirección Xeneral de Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta preparou o concurso de compra deses 3 vehículos. Actualmente, José Antonio Grandas é o Xefe do Servicio de Formación en Emerxencias da Academia Galega de Seguridade Pública, polo que tén unha ampla visión acerca da utilidade dos cambios automáticos no día a día do traballo dos servicios contra incendios: "A utilización deste tipo de caixas de cambio supón unha simplificación importante no manexo destes vehículos, tanto para conductores veteranos como inexpertos, sobre todo pensando no persoal que se contrata só para a época de alto risco e que non tén a mesma experiencia conducindo que o persoal fixo".


enviar a un amigo Enviar