Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Incendio na galería do hotel Mar da Vila, no Concello de Noia

Incendio na galería do hotel Mar da Vila, no Concello de Noia

Incendio na galería do hotel Mar da Vila, no Concello de Noia

      Noia.-31/08/2014 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Barbanza interviñeron como consecuencia dun incendio acontecido na galería do hotel Mar de Noia, no termo municipal de Noia.

     O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso, e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro atopáronse cun incendio nunha galería situada no primeiro andar do edificio. O seu labor consistiu na adopción das medidas preventivas e de seguridade oportunas, e no desaloxo do hotel.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e furgón de servizos varios. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Policía Local, do 061 e do SMPC de Noia. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar