Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Rescate dunha persoa na empresa Rodabell, no Concello de As Pontes

Rescate dunha persoa na empresa Rodabell, no Concello de As Pontes

Rescate dunha persoa na empresa Rodabell, no Concello de As Pontes

      As Pontes.-08/05/2014 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de As Pontes interviñeron como consecuencia dunha persoa que estaba atrapada debaixo dunha retroescavadora no lugar da Mourela, parroquia de Santa María, no termo municipal de As Pontes.

     O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso, e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro atopáronse cunha retroescavadora que envorcara lateralmente debido a un corremento de terra, de maneira que o operario que a conducía quedara atrapado nela. O seu labor consitiu no rescate do ferido e no seu traslado á ambulancia do 061.

     Ata o lugar do accidente desprazáronse o sarxento xefe de parque, un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e os vehículos autobomba urbana e pick-up. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros da Garda Civil e do 061 de As Pontes, Bombeiros Endesa, Voluntarios de Protección Civil de As Pontes, técnicos de Endesa e persoal da propia empresa Rodabell. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar