Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Accidente de tráfico con atrapados no lugar de Portobravo, Concello de Lousame

Accidente de tráfico con atrapados no lugar de Portobravo, Concello de Lousame

Accidente de tráfico con atrapados no lugar de Portobravo, Concello de Lousame

     Lousame.-04/12/2012 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Barbanza interviñeron como consecuencia dun accidente de tráfico acontecido no lugar de Portobravo, no termo municipal de Lousame.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cunha saída de vía dunha grúa, chocando, como consecuencia, co muro do Concello. No vehículo había unha persoa atrapada, polo que a súa intervención consistiu na excarceración do ferido e na limpeza da estrada dos restos do accidente.

     Ata o lugar do sinistro desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e o vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención membros dos corpos da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico, persoal do 061, Voluntarios de Protección Civil de Lousame e o SMPC de Noia. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar