Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun vehículo en Fontesalgueira, Parroquia de Anxeriz, Concello de Tord

Extinguido un incendio nun vehículo en Fontesalgueira, Parroquia de Anxeriz, Concello de Tordoia

Extinguido un incendio nun vehículo en Fontesalgueira, Parroquia de Anxeriz, Concello de Tordoia

     Tordoia.-30/08/2012 Os efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Bergantiños interviñeron como consecuencia dun incendio nun vehículo acontecido á altura de Fontesalgueira, Parroquia de Anxeriz, Concello de Tordoia.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun vehículo ardendo preto dun monte, na estrada que vai de Entrecruces a Anxeriz. O seu labor consistiu na extinción do incendio.

     Ata o lugar desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Garda Civil de Carballo xunto cun axente, cuadrilla e motobomba forestais. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar