Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun vehículo na Pedreira, Parroquia de Leiro, Concello de Rianxo

Extinguido un incendio nun vehículo na Pedreira, Parroquia de Leiro, Concello de Rianxo

Extinguido un incendio nun vehículo na Pedreira, Parroquia de Leiro, Concello de Rianxo

     Rianxo.-26/07/2012 Os efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Barbanza interviñeron como consecuencia dun incendio nun vehículo acontecido á altura da Pedreira, Parroquia de Leiro, no Concello de Rianxo.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun vehículo ardendo pola parte dianteira (motor), no que comezaba a entrar o lume no habitáculo. O seu labor consistiu en sufocar o incendio e na limpeza da estrada dos restos do automóbil.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, dous bombeiros e o vehículo autobomba urbana. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Policía Local e Voluntarios de Protección Civil de Rianxo. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar