Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nun vehículo na rúa Eduardo Pondal, no concello de Santa Comba

Extinguido un incendio nun vehículo na rúa Eduardo Pondal, no concello de Santa Comba

Extinguido un incendio nun vehículo na rúa Eduardo Pondal, no concello de Santa Comba

     Santa Comba.-12/02/2012 Efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros do Xallas-A Barcala interviñeron como consecuencia dun incendio nun vehículo acontecido á altura da rúa Eduardo Pondal, no termo municipal de Santa Comba.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse cun vehículo ó que lle estaba ardendo o motor e o interior do habitáculo. O seu labor consistiu en sufocar o incendio.

     Ata o lugar do incidente desprazáronse un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaboraron na intervención efectivos da Garda Civil de Corcubión e persoal do GRUMIR de Santa Comba. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar