Localización +34 981 758 117 registro@cciacoruna.gal
Estás en: Inicio > Novas > Extinguido un incendio nunha nave na parroquia de Vilamaior, no concello de Ordes

Extinguido un incendio nunha nave na parroquia de Vilamaior, no concello de Ordes

Extinguido un incendio nunha nave na parroquia de Vilamaior, no concello de Ordes

     Ordes.-18/01/2012 Os efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base no Parque de Bombeiros de Ordes interviñeron como consecuencia dun incendio nunha nave acontecido na parroquia de Vilamaior, no termo municipal de Ordes.

     O Centro de Coordinación de Emerxencias 112-Galicia recibiu o aviso e deseguido se mobilizaron os bombeiros, os que, cando chegaron ó lugar do sinistro, atopáronse con que o que ardía eran uns pneumáticos de tractores situados na parte traseira da nave. O seu labor consistiu en extinguir o incendio, comprobando que non quedaran rescaldos, para evitar unha posible reignición.

     Ata a zona desprazáronse un sarxento xefe de servizo, un cabo xefe de quenda, tres bombeiros e os vehículos autobomba urbana e nodriza. Ademais dos bombeiros, tamén colaborou na intervención persoal da Garda Civil. Unha vez rematado o servizo, recollidos os datos necesarios e o material empregado, regresaron á súa base, quedando de novo operativos.


enviar a un amigo Enviar